Thursday 19 de September de 2024

As Festas de María Pita encherán desde este luns os barrios de programación familiar con Cascarillarte


Hai 14 espectáculos de maxia, música, teatro ou humor programados ata o 30 de agosto

As Festas de María Pita expándense a partir deste luns, 12 de agosto, a todos os barrios da cidade coa programación familiar de Cascarillarte. Esta sección promovida polo Goberno de Inés Rey está orientada ao público máis novo, que poderá gozar de maxia, música, teatro, malabares e humor.

Haberá 14 espectáculos entre este luns, 12 de agosto, e o venres 30 repartidos polos diferentes barrios. As artes escénicas serán as protagonistas, achegando cultura e diversión ás coruñesas e aos coruñeses, con actividades pensadas para toda a familia, especialmente o público infantil.

A maioría de actuacións serán en horario de tarde, ás 19.30 horas, para favorecer a participación da cidadanía e dos e das máis pequenas. Matogrande, Novo Mesoiro, Vioño, Sagrada Familia, Eirís, As Conchiñas e outros moitos puntos da cidade están incluídos neste programa. Danza, teatro, clown, malabares, monólogos, contos, maxia, estarán presentes nos máis variados recunchos da cidade durante todo o mes, nunha programación que se complementará co resto de actos das Festas de María Pita.

Os espectáculos son gratuítos e, en caso de choiva, buscarase unha localización alternativa dentro no barrio onde estaba prevista a actuación.
Programación por días
Luns 12 de agosto
● Paco Nogueiras – Canto contigo – Campo da Leña – 19.30 horas Martes 13 de agosto
● Danthea Teatro – Polichinella III – Praza das Conchiñas – 19.30 horas Mércores 14 de agosto
● Caramuxo Teatro – A nena que vivía nunha caixa de mistros – As Paxariñas – 19.30 horas
Xoves 15 de agosto
● Pérez&Fernández – Pic-nic – Matogrande – 19.30 horas
Venres 16 de agosto
● Os contos de Pablísimo – CABICIVAI – Oza-Gaiteira – 19.30 horas Luns 19 de agosto
● Náufragos Teatro – Hugo – Praza das Bárbaras – 19.30 horas
Martes 20 de agosto
● Títeres Mircromina – Raio The Loubican – Eirís – 18.00 horas
● Maga Fani – Maxia Rebuldeira de Rúa – Eirís- 19.30 horas
Venres 23 de agosto
● Pedras de cartón – Moby Dick – O Castrillón – 12.00 horas
Sábado 24 de agosto
● Aurora Artes Escénicas – Maruxiña – Sagrada Familia – 19.30 horas Luns 26 de agosto
● Soledad Felloza – De Tin Marin – Palavea – 19.30 horas
Martes 27 de agosto
● Elefante Elegante – Cubo – Praza da Tolerancia – 19.30 horas Xoves 29 de agosto
● Caxoto – Grandes éxitos – Vioño – 19.30 horas
Venres 30 de agosto
● Mago Román – Fábrica de Imposibles – Novo Mesoiro – 18.00 horas